Nesta sección, presentamos unha guía interactiva que lle dará unha primeira aproximación dos países aos que podrá dirixir a súa solicitude de adopción.
Como funciona a guía interactiva?
Inicialmente, aparecerá un formulario para avaliar se o/s usuario/s cumpre/n os requirimentos mínimos esixidos para calquera proceso de adopción (requisitos nacionais e internacionais).
Unha vez contestadas ls preguntas, amosarase un resumo das respostas introducidas e un listado dos páises nos que se cumpren os requisitos mínimos esixidos. Neste listado, só aparecerán aqueles países cos que a Comunidade Autónoma permite tramitar expedientes.
Para coñecer máis en profundidade os requisitos e características da adopción en cada país, o interesado deberá premer no nome do país e acceder á ficha deste.
A continuación deste listado, aparecerá un despregable cos países nos que o/os interesado/s non poderá/n facer unha adopción por non cumprir os requisitos mínimos esixidos. Ao seleccionar no despregable o país de interese e premer o botón "Consultar", amosaranse os motivos polos que non se pode/n adoptar neste país.