Novas  >> ETIOPÍA: SUSPENSIÓN DEFINITIVA

Novas

29/05/2017

ETIOPÍA: SUSPENSIÓN DEFINITIVA

Como continuación ás notas informativas do 24 e 27 de abril e 17 de maio, o 26 de maio recibiuse unha nota do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade na que se remite unha nova información recibida a través do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación na que traslada a información da Embaixada de España en Addis Abeba sobre a situación da adopción internacional e a recente decisión adoptada pola autoridades etíopes de suspender a tramitación das adopcións internacionais.

Nesta nota trasládase a seguinte información proporcionada telefonicamente pola Ministra de Asuntos da Muller e Infancia, Demitu Hambissa:

- A suspensión das adopcións internacionais é definitiva. Non se vai introducir ningunha nova lexislación, senón que esta decisión de paralización é consecuencia da posta en práctica da "estratexia" nova decidida polo Goberno etíope de privilexiar solucións nacionais aos casos de abandono de menores.

- O Ministerio etíope está preparando unha "estratexia de saída" para resolver os casos pendentes pero solo daquelas familias que xa concluíron os seus procesos de adopción, contan con sentencia e están solo pendentes dos trámites de documentación dos menores para poder abandoar o país (non hai ningún caso de familias españolas neste momento).

- Aínda non se tomou ningunha decisión en relación cos expedientes con asignación de menor.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a