29/04/2016
Instrucións relativas ao certificado por delitos de natureza sexual
Aprobada a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, establece a obriga de acreditar mediante certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, o non ser condenado por sentenza firme por algún delito contra a libertade e indemnidade sexual, a diferentes profesionais, así como a acolledores familiares, persoas que se ofrecen para a adopción e ás que realizan acollementos temporais de menores estranxeiros por motivos de saúde, estudos ou razón humanitarias.
As instrucións mais especificadas poden consultarse no apartado de descargas. A solicitude e a delegación de petición do certificado tamén se poden atopar no apartado de descargas, ou no apartado de fases do proceso, tanto de adopción nacional como internacional.
"Un xeito de facer Europa"