Novas  >> COSTA DO MARFIL: permiso para saída

Novas

25/03/2015

COSTA DO MARFIL: permiso para saída

 

O Ministerio da Solidariedade, a Familia, a Muller e o Neno de Costa de Marfil, advirte que, en relación con todos os procesos de adopción por protocolo público, só será expedido o preceptivo Permiso para Saída do menor se os adoptantes someten o seu expediente a estudo e supervisión da Dirección da Protección da Infancia (DPE), así como eles mesmos, e os seus avogados segundo os casos, a unha entrevista coa DPE, antes de que se iniciasen os trámites para a obtención da sentenza xudicial constitutiva da adopción (a Grosse). No caso contrario, é dicir, se non se produciu ningunha entrevista coa DPE nin se someteu o expediente a exame e control por esta Dirección, non se emitirán os permisos de saída do menor.
 

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a