Novas  >> KAZAKHSTÁN: Tempo de tramitación da documentación para a saída do menor do país

Novas

03/03/2014

KAZAKHSTÁN: Tempo de tramitación da documentación para a saída do menor do país

O tempo total é de 12 semanas dende a obtención da primeira sentenza de adopción.

A Embaixada de España en Astana informa sobre o tempo total que, despois da obtención da sentenza adopción e ata a saída do menor do país, levan consigo os trámites no país.
O tempo total é de 12 semanas dende a obtención da primeira sentenza de adopción.
Este tempo inclúe:
. 15 días ata a firmeza de sentenza.
. Obtención da documentación local do menor: certificado de nacemento apostilado; nova inscrición local de nacemento apostilada acorde á sentenza.
. Obtención do pasaporte e das autorizacións de saída expedidas sobre o pasaporte polas autoridades kazakhas. Este trámite debe facelo o representante da ECAI debidamente acreditado e rexistrado ante as autoridades do devandito país. Leva consigo o pagamento dunha taxa que debe aboar o representante como persoa acreditada para iso.
. Tradución de toda a documentación ao castelán.
. Presentación do expediente completo na Embaixada de España en Astana.
. Revisión do expediente na Embaixada, unha vez presentados todos os documentos requiridos, e tramitación dos visados (10 días hábiles).
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a