Novas  >> LETONIA: menores susceptibles de adopción internacional

Novas

03/03/2014

LETONIA: menores susceptibles de adopción internacional

A Autoridade Central competente en materia de adopción en Letonia remitiu información acerca dos menores que poderían ser adoptados internacionalmente no seu país así como algúns aspectos sobre os expedientes de adopción.
- Menores susceptibles de adopción. Só aceptan ofrecementos para a adopción internacional referidos a:
a) Tres ou máis nenos/as de calquera idade (irmáns),
b) Un ou dous nenos/as de 10 ou máis anos.
c) Menores de calquera idade con enfermidades ou con problemas importantes de saúde mental ou física.
d) Menores acerca dos que o Tribunal de Orfos tomou a decisión de adopción en países estranxeiros, cando a busca de familias entre os expedientes que xa se atopan no Ministerio non tivo éxito.
- Presentación do expediente. O expediente e todos os documentos que o compoñen deben presentarse, en orixinal apostilado e dúas copias, traducidas ao idioma letón e certificadas ante notario.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a