Novas  >> HUNGRÍA: información oficial dos menores adoptables en 2012

Novas

03/01/2012

HUNGRÍA: información oficial dos menores adoptables en 2012

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade remitiu unha comunicación na que informa das características dos menores adoptables en 2012, conforme á información que recibiu da Autoridade central húngara.
 
No caso de parellas, durante 2012, aceptarán solicitudes de adopción para:
- Nenos menores de 6 ou 7 anos con problemas de saúde física, mental ou de comportamento.
- Grupos de 3 ou máis irmáns (incluíndo nenos menores de 6 ou 7 anos).
- Nenos maiores de 10 anos.
 
No caso de monoparentais, só aceptarán solicitudes para nenos maiores de 10 anos.
 
Por outra parte, por cada ECAI, aceptarán 30 solicitudes de adopción de nenos ou grupos de irmáns maiores de 6 ou 7 anos. Non hai limitación no número de solicitudes presentadas por parellas para os maiores de 10 anos.
 
A finais de 2012 informarán das solicitudes que aceptarán no ano 2013.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a