Novas  >> MODIFICACIÓN DIFERENZA MÁXIMA DE IDADE

Novas

15/03/2018

MODIFICACIÓN DIFERENZA MÁXIMA DE IDADE

A sentenza do Tribunal Constitucional 133/2017, do 16 de novembro, declarou insconstitucional e nulo o título ll (artigos 27 a 41), relativo á adopción, da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia, cos efectos previstos no fundamento xurídico 8, a teor do cal:

"Nuestro pronunciamiento de inconstitucionalidad de los artículos 27 a 41 de la Ley 2/2006 no afectará a las adopciones que sean firmes en la fecha de publicación de esta Sentencia, pues el principio de seguridad jurídica, consagrado en el artículo 9.3 CE, aconseja limitar los efectos de esta resolución a aquellos procesos de adopción que se encuentren en curso (los cuales deberán adecuarse a los dictados de las normas civiles del Derecho común y a las procesales de carácter estatal) además, lógicamente, de a los que se inicien con posterioridad a dicha publicación".

Á vista desta sentenza, a Xunta de Galicia, solicitou informe ao Consello Consultivo de Galicia para determinar o seu alcance.

Este informe establece que na aplicación das normas civís do Dereito Común na Comunidade Autónoma de Galicia "non cabe seguir aplicando a diferenza máxima de idade de 40 anos entre adoptante e adoptando nos estritos termos previstos no Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro".

En relación cos expedientes de adopción nos que non se teña ditado proposta de adopción con asignación de menor, a Administración autonómica debe proceder a efectuar a valoración da idoneidade e a selección das persoas que se ofrecen para a adopción tendo en conta a aplicación directa do artigo 175.1 do Código Civil, é dicir, a diferenza máxima de idade entre adoptante e adoptando non poderá ser superior aos 45 anos.

De acordo co anterior e, para dar cumprimento a esta previsión, esta Administración procederá do seguinte xeito:

- Procederase á revisión das idoneidades para adecualas a este novo marco normativo.

- Serán os equipos técnicos de adopción de cada Xefatura Territorial os que se porán en contacto coas familias para a actualización dos seus expedientes.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a