19/05/2017
Mediante nota informativa de 17 de maio do 2017, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, transmite que a situación en Etiopía é absolutamente confusa.
O propio Director Xeral de Infancia do Goberno etíope di ignorar se a suspensión é transitoria ou definitiva.
Ante a incerteza, a embaixada de España desaconsella ás familias calquera tipo de desprazamento a Etiopía con fins de tramitar a adopción, ata que non se teña unha idea clara das intencións das autoridades etíopes.
"Un xeito de facer Europa"