Novas  >> ETIOPÍA: DOBRE VÍA

Novas

09/05/2017

ETIOPÍA: DOBRE VÍA

O día 24 de abril de 2017 o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade comunicou ás CCAA a decisión do Goberno de Etiopía de interromper as adopcións con este país sen que se poida saber a duración desta instrución.

En vista desta suspensión por parte do país africano, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica mediante Resolución de 5 de maio de 2017, autoriza ás familias con expedientes de adopción en Etiopía a tramitar excepcionalmente de forma simultánea un mesmo procedemento de adopción noutro país.

Esta Resolución que define os termos desta autorización será notificada nos próximos días de xeito persoal a todos os interesados, de acordo coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemetno administrativo común das Administracións Públicas.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a