Novas  >> ETIOPÍA: SUSPENSIÓN TEMPORAL

Novas

24/04/2017

ETIOPÍA: SUSPENSIÓN TEMPORAL

En relación á situación das adopcións en Etiopía, sinalar que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade ven de informar que o país africano decretou a SUSPENSIÓN TEMPORAL das adopcións internacionais ao ter detectado unha serie de irregularidades nos procedementos. En tanto en canto non se resolvan estas irregularidades non se retomarán os procesos adoptivos. O Ministerio indicou que informará puntualmente de como avanzan os feitos.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a